foto1
foto1
foto1
foto1
foto1
Bienvenidos al Club Triatlón Mar de Vigo

Menu Principal

Formulario Acceso

Noticias-Eventos-Formulario

Vestuario

O/a solicitante declara baixo xuramento ou promesa, que se atopa en perfecto estado de saúde para a práctica do Tríatlon e deportes recoñecidos pola Federación Galega de Tríatlon, ós efectos de que a Federación acepte a mesma nos seus xustos termos e se exima da presentación do correspondente certificado médico para acreditación de tal extremo.

Así mesmo, manifesta coñecer que , si a declaración efectuada non se corresponde coa realidade, exime á Federación de calquera tipo de responsabilidade, aínda no suposto de que concorra boa fé nas súas manifestacións.

** Así mesmo declaro coñecer e, consecuentemente presto o meu consentimento para que:
Os datos de carácter persoal aportados sexan incluídos nos ficheiros automatizados dos que son destinatarios a Federación Galega de Tríatlón e a Federación Española de Triatlón, autorizando ó seu uso no caso de positivo por dopaxe ou de calquera tipo de sanción disciplinaria.Ditos datos utilizaranse con carácter único e exclusivo, para a xestión das cuestións que corresponda efectuar en relación á miña calidade de deportista practicante, xuíz/a ou técnico de tríatlon.
En ningún caso, os referidos datos, serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros con fins distintos aos anteriores, sen o meu consentimento inequívoco, ou nos supostos previstos nos artigos 6.1 e 11.2 da lei orgánica 15/1999,de 13 de decembro, de Protección de datos de Caracter personal (B.O.E. nº298 de 14 de Decembro de 1999).
Que en cumprimento do disposto na citada Lei, en calquera momento podo exercitar os dereitos de acceso,rectificación,cancelación ou oposición por escrito.

Acepto que se me envíe información federativa ao meu correo electrónico ou postal.
Acepto que se me envíe pola Federación Galega publicidad de calquera dos seus patrocinadores.
Acepto que se me envíe pola Federación Española publicidad de calquera dos seus patrocinadores.

**No caso de que se puidesen tomar imaxes no eido da Federación, autoriza a súa toma e posterior utilización aos efectos exclusivos de promoción do deporte.